EspañolGalego

Día Mundial do Ril 2011

friat1
friat2
friat3

A Fundación Renal Ínigo Álvarez de Toledo (Friat) instalou o 10 de marzo, Día Mundial do Ril, unha carpa na rúa Príncipe de Vigo, co obxectivo de previr a insuficiencia renal, fomentar hábitos saudables e detectar precozmente as enfermidades renais. Informouse os cidadáns dos riscos para a súa saúde e realizáronselle controis de tensión, glicosa e función renal a todos os que o solicitaron.

Pola carpa pasaron, ademais, moitos rostros coñecidos, como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro; a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares; a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago; o actor Manuel Manquiña, o xornalista deportivo Terio Carrera, o ciclista Óscar Pereiro; o ex atleta olímpio Santi Pérez, xunto a xogadoras do equipo de baloncesto do Celta e veteranos do club celeste.