EspañolGalego

Día Mundial Sen Tabaco 2011

31 de maIo. 11.00 horas. Cantón Grande, A Coruña

tabacotabaco7

A xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro na Coruña (aecc-c) conmemorou o Día Mundial Sen Tabaco, o pasado martes, 31 de maio, cun exemplo de esforzo e vontade realizado en colaboración coa empresa de transportes Arriva Noroeste SL. Baixo a lema Empuxa o bus, empuxa a vida, rompe co tabaco, empregados de Arriva moveron, só coa forza dos seus brazos, un dos autobuses da compañía, para demostrar que co impulso suficiente todo é posible, mesmo deixar de fumar.

Xunto ao autobús, a presidenta da aecc-c, Maria Elena Viturro; o presidente do Comité Científico da asociación, Guillermo Debén; o doutor Luís Domínguez Juncal, neumólogo do Chuac; o director de desenvolvemento de Arriva Noroeste, Javier Gilda; e o psicólogo encargado do programa de deshabituación tabáquica da aecc na Coruña, Santiago Suárez Pita, atenderon aos medios de comunicación.

Descargue aquí o dossier de prensa