EspañolGalego

Presentación do informe 'O furtivismo mariño e a súa incidencia na Comunidade Autónoma de Galicia'

7 de xuño. 12.00 horas. Sede da Fundación NovaCaixaGalicia da Coruña

inffurtivismo1

inffurtivismo2

A Fiscalía Superior de Galicia encargoulle á Garda Civil a redacción dun informe sobre o furtivismo en Galicia, un asunto de máxima actualidade e preocupación, tanto desde o punto de vista económico como ecolóxico. O documento, titulado O furtivismo mariño e a súa incidencia na Comunidade Autónoma de Galicia, foi presentado o pasado 7 de xuño, ás 12 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña.

No acto interviñeron o propio fiscal superior de Galicia, Carlos Varela García; acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo; o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo Nieto; e o xeneral da XV Zona da Garda Civil -Galicia, Xeneral de División, Manuel Ferreiro Losada. Todos eles colaboraron activamente desde as súas institucións para que a realización deste informe fose posible.