EspañolGalego

IV Encontro Médico

18 de junio de 2011. Palexco.  A Coruña

ivencuentro1

ivencuentro2

ivencuentro3

O Colexio Oficial de Médicos da Coruña, presidido por Luciano Vidán, celebrou o sábado, 18 de xuño, a cuarta edición do seu Encontro Médico, na que se reuniron case un millar de facultativos. O programa comezou ao once da mañá cunha misa en recordo dos médicos falecidos, oficiada na igrexa de San Nicolás polo superior dos Franciscanos de Santiago, Francisco Castro. Na cerimonia participaron tamén as voces do coro A Saúde, formado por traballadores do Chuac.

Á unha da tarde, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), tivo lugar o acto central, no que foi homenaxeado o médico de Betanzos, Juan Suárez Barros, que recibiu a medalla de ouro e brillantes do COMC. Alí déronse cita o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro; e o decano da Facultade de Medicina da USC, Juan Gestal.

Na sala de butacas tamén ocuparon un lugar destacado o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá; o exministro e expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay; o expresidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor; o exembajador no Vaticano e excalde da Coruña, Francisco Vázquez, e o presidente de NCG Banco, José María Castellano.