AR_K, a primeira aventura gráfica creada en Galicia
O videoxogoAR-K, creado na Coruña, presenta a súa versión en galego
6 de setembro de 2011.
Gato Salvaje SL, unha empresa creada na Coruña por un grupo de mozos emprendedores, ven de sacar á luz a versión en galego do seu primeiro traballo comercial: o videoxogo AR-K, unha aventura gráfica independente e con ambientación futurista. O primeiro capítulo apareceu en xullo, en castelán, inglés e alemán, e colleitou eloxios da crítica especializada pola súa calidade e sentido do humor. A versión galega aparece agora porque "desde o comezo foi un proxecto pensado desde Galicia, para demostrar que facer produtos na nosa lingua pode ser rendible. Na dobraxe participan actores como María Castro o Antonio Durán, Morris.
Descarga aquí a información completa
Presentación de AR-K
23 de novembro de 2010. Fundación Caixa Galicia. A Coruña.
Gato Salvaje, unha empresa creada por polos galegos Sergio Prieto, Javier Vara e Javier Vilar, para o deseño de videoxogos, presentou o seu primeiro produto comercial, a aventura gráfica AR-K, que se venderá en galego, castelán e inglés, con subtítulos tamén en alemán. Nunha rolda de prensa moi próxima aos medios, mostraron as primeiras imaxes deste proxecto, que sairá ao mercado en febreiro de 2011.