EspañolGalego

Día Mundial do Ril 2012

8 de marzo de 2012. Vigo

rin2012

rin2012poli
A Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (Friat), coa colaboración do Concello de Vigo, aa Asociación de Donantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi),  o Corpo Nacional de Policía (CNP) e o Círculo Mercantil, celebrou na rúa Príncipe o acto central en Galicia do Día Mundial do Ril.

O evento comezou coa actuación de varios axentes da Policía Nacional, que despregaron unha pancarta de doce metros cadrados na fachada do Circulo Mercantil. Ao seu termo, fixeron uso da palabra o vicepresidente de la Friat, Enrique Castellón; o presidente de Adrovi, Celso García; e o alcalde, Abel Caballero.

Á marxe desta acción, a Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo instalou una carpa na citada rúa, onde, ao longo de toda la xornada, distribuiuse material divulgativo e realizáronse probas, totalmente gratuitas, da función renal, tomouse a tensión arterial e medíronse os niveles de azúcar en sangue a todos os ciudadáns que o solicitaron.