EspañolGalego

Homenaxe aos policías falecidos no Orzán e presentación do Plan Rede Azul

10 de abril de 2012. De 12.00 a 14.00 horas. Sporting Club Casino. A Coruña

homenajeyredazul

A Asociación de Empresarios e Expertos de Seguridade de Galicia (AESGA), que preside Roberto Lage Regal, rendeulle unha homenaxe a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, o tres policías nacionais que perderon a vida cando tentaban recatar das augas do Orzán, o pasado 27 de xaneiro, ao estudante eslovaco Tomas Velicky. As familias deste tres axentes recibiron a mención de honra de AESGA, no transcurso dunha xornada dedicada á presentación do Plan Rede Azul, de colaboración entre o Corpo Nacional de Policía e o sector da Seguridade Privada.

A xornada comezou ás 12.00 horas, coa exposición das liñas mestras do Plan Rede Azul, a cargo do comisario xeral de Seguridade Cidadá do CNP, Florentino Villabona, e do comisario xefe da Unidade Central de Seguridade Privada, Esteban Gándara. A continuación, ás 13.30 horas, deu comezo a homenaxe aos tres axentes falecidos o pasado mes de xaneiro. Neste acto interviñeron o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o fiscal superior, Carlos Varela; o xefe superior de Policía na nosa comunidade, Jaime Iglesias; e o presidente de AESGA, quen abriu a quenda de palabra.

Descargue aquí o dossier de prensa

Acceda á previa do 9 de abril

Consulte o avance do 4 de abril

Descargue aquí a primeira previsión informativa