EspañolGalego

Botadura do prototipo de xerador mariño de Resolve Enerxía

14 de setembro de 2012. 12.30 horas. Porto de Meloxo. O Grove

resolve1

resolve2

O pasado 14 de setembro procedeuse á botadura dun xerador de baixo custo de fabricación e mantemento, que aproveita as correntes submariñas para a produción de electricidade. O prototipo foi deseñado e producido integramente pola empresa de enxeñaría galega Resolve Enerxía, en colaboración co CIMA da Universidade de Vigo e 2Rew. No seu financiamento participaron, tamén, a Consellería de Economía e Industria e a Unión Europea.

Ao acto acudiron a presidenta de Resolve Enerxía, María Luisa Prada; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello. Tamén asistiu unha ampla representación do CIMA, co seu director, José Antonio Vilán, á fronte

Consulte o dossier informativo

Acceda á última previsión

Vexa a nota de prensa do 11 de setembro

Descargue o primeiro avance informativo

 

PRÓXIMOS EVENTOS