EspañolGalego

Festa de Reis do Colexio Médico 2014

3 e 4 de xaneiro de 2014. Santiago e A Coruña


Preto de 4.200 persoas, entre nenos e adultos, acudiron este ano á sétima edición das Festas de Reyes dos Colexios de Médicos e Odontólogos que, un ano máis, bateron a súa propia marca. O día 3 de xaneiro, no Palacio de Exposicións e Congresos de Santiago, case 1.600 asistentes achegáronse a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar e a gozar do completo programa de actividades. Ao día seguinte, 4 de xaneiro, no Palexco da Coruña, foron máis de 2.600 quen estiveron presentes na a cita.


As cifras falan por si soas: 750 nenos en Compostela e 1.200 na cidade herculina. Case 2.000 caixas sorpresa con obsequios para os máis pequenos, un anticipo do que se atoparían na súa casa na mañá do 6 de xaneiro. Máis de 30 quilos de caramelos repartidos polas Súas Maxestades, que encheron mans e causaron sorrisos. Até quince atraccións, das cales nove foron inchables, nos que saltar e xogar, e o resto talleres de maquillaxe, pintura, deseño de chapas ou globoflexia. Todo iso aderezado cun abundante chocolate con churros para repor forzas.