EspañolGalego

Homenaxe a Diego Murillo

20.30 horas. 26 de marzo de 2013. Palexco. A Coruña

murillomedalla

Os Colexios de Médicos e Farmacéuticos da Provincia da Coruña organizaron unha homenaxe ao presidente da Agrupación Mutual Aseguradora (A.M.A.), Diego Murillo, polo seu labor de mecenado e colaboración coas dúas institucións profesionais. Ao acto asistiron máis de 600 persoas, entre elas, o presidente da Xunta, a ministra de Fomento, o delegado do Goberno en Galicia, o presidente do Consello de Estado, o alcalde da Coruña, o presidente do TSXG, o fiscal superior de Galicia, o xefe superior de Policía de Galicia e o xeneral xefe da Garda Civil na nosa comunidade.

 No transcurso do evento, presentado pola xornalista Loreto Silvoso, o presidente da mutua dos profesionais sanitarios recibiu a medalla de Ouro e Brillantes dos médicos e unha placa conmemorativa dos farmacéuticos. O ofrecemento da homenaxe correu a cargo dos presidentes de ambos os colexios: Luciano Vidán e Rosa Lendoiro.

Descargue a previsión informativa