EspañolGalego

Visita do presidente do Uruguai ao Porto Exterior da Coruña

13.00 horas. 1 de xuño de 2013. Porto Exterior da Coruña

O presidente da República Oriental do Uruguai, José Mujica, visitou as instalacións do Porto Exterior de Punta Langosteira, acompañado polos seus ministros de Exteriores, Obras Públicas e Industria, e polo director de Portos do país americano. Foi recibido pola ministra de Fomento, o delegado do Goberno en Galicia, o presidente de Portos do Estado, o subdelegado do Goberno na Coruña, os embaixadores de España e Uruguai, o presidente da Xunta de Galicia, os conselleiros de Economía e Industria e Mar e Medio Rural, os alcaldes da Coruña e Arteixo, o presidente da Deputación Provincial, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña. Este último exerceu como anfitrión e ofreceu detalles sobre a execución do porto exterior, apoiado nunha proxección e un vídeo. Posteriormente, as autoridades realizaron un percorrido polo cantil das instalacións.