EspañolGalego

VI Encontro Médico

vi_encuentro

29 de xuño de 2013. A Coruña

O Colexio Médico da Coruña celebrou, o 29 de xuño, a VI edición do seu Encontro Médico, talvez a máis emotiva de todas. O homenaxeado coa medalla de ouro e brillantes do COMC, o doutor José Fernández Pernas, fundador da asociación Renacer, logrou pór de pé aos 500 asistentes ao acto central, que lle brindaron unha sonora ovación. Coas súas palabras logrou humedecer os ollos de moitos.

O día comenzo ás once da manaña, cunha misa polos colexiados falecidos, na Igrexa de San Nicolás. A continuación tivo lugar o acto central, no Salón Arao do Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). Alí, Fernández Pernas obtivo a súa medalla, pero tamén se fixo entrega das distincións de colexiados de honra e honoríficos, e recibiuse aos médicos que inician a súa formación MIR, quen recolleron os seus carnés profesionais.

Na mesa presidencial sentaron o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay; a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o reitor da USC, Juan Casares; o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; o presidente do Colexio, Luciano Vidán; e os presidentes das comisións colexiais de Honras e Premios e de Deontoloxía, os doutores Miguel de Santiago e Fernando Márquez.

Ao catro e cuarto da tarde pechouse a xornada. logo dun austero xantar.

Consulte a previsión informativa