EspañolGalego

Inauguración da nova sede do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia

fisioterapeutas

12.00 horas. 5 de xullo de 2013. Sede do Colexio de Fisioterapeutas. A Coruña

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia inaugurou as súas novas instalacións no número 8 da praza de Alfonso XIII, na Coruña. O acto estivo presidido polo alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; a xerente do Sergas, Nieves Domínguez; o decano da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña, Ramón Fernández Cervantes; e o presidente do Colexio de Fisioterapeutas, José Luís Aristín.

No marco deste evento realizouse tamén unha homenaxe a José Fernández Piñón, promotor e primeiro presidente da delegación galega da Asociación Española de Fisioterapeutas, que recibiu a medalla de ouro do Colexio.