EspañolGalego

Entrega do Premio San Telmo 2013

11.00 horas. 8 de xullo de 2013.  Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. A Coruña 

santelmo

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia fixo entrega do premio San Telmo, para actuacións concluídas na nosa comunidade autónoma durante os anos 2011 e 2012. Nesta ocasión, a obra galardoada foi o porto exterior de Punta Langosteira, da que se recoñeceu a súa calidade técnica, territorial e construtiva, e o seu impacto na calidade de vida dos galegos, tanto desde o punto de vista ambiental como económico.

Tamén se entregaron accésit ao acceso ferroviario a Vigo, en Alta Velocidade; á autovía de acceso á Coruña e a súa conexión co aeroporto de Alvedro, tramo A Zapateira ? Autovía A6; e á obra de acondicionamento da marxe dereita do río Miño en Lugo, pasarela de San Lázaro.

A xornada comezou cunha visita institucional ao Porto Exterior, onde se descubriu unha placa conmemorativa. A continuación tivo lugar a entrega de premios, que estivo presidida polo subdelegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; elalcalde da Coruña, Carlos Negreira; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; o subsecretario do Ministerio de Fomento, Mario Garcés; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o presidente do Colexio Nacional de Enxeñeiros de Camiños Canles e Portos, Juan Antonio Santamera; e o decano da delegación galega da institución colexial, Carlos Nárdiz.

 

PRÓXIMOS EVENTOS