EspañolGalego

III Xornada Empresa-Porto

De 10.00 a 14.00 horas. 4 de decembro de 2013.  Fundación Novacaixagalicia. Ferrol

empresapuerto2

Máis de 160 representantes de empresas, autoridades portuarias, institucións e asociacións participaron na III Xornada Empresa-Porto, titulada A reindustrialización é posible, e organizada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, co patrocinio de Iberdrola. Celebrouse no auditorio da Fundación Novacaixagalicia na cidade departamental, co obxectivo de debater alternativas económicas de futuro para a urbe e a súa comarca.

empresapuerto1

O acto de apertura institucional tivo lugar ás 10.00 horas, e contou coa participación do alcalde ferrolán, José Manuel Rey; o almirante do Arsenal de Ferrol, Manuel Garat; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; o presidente da Autoridade Portuaria, José Manuel Vilariño; e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva.

Consulte a crónica da xornada

Vexa a previsión informativa