EspañolGalego

Foro 'Experiencias de Integración de servizos asistenciais'

14 de xaneiro de 2014. Sede do Colexio Médico (Salvador de Madariaga). A Coruña

O Colexio Médico da Coruña organizou, o pasado 14 de xaneiro, na súa sede de Salvador de Madariaga, un foro sobre Experiencias de integración de servizos asistenciais, no que se analizaron distintas formas de xestión clínica levadas a cabo en España.

gestionclinica

Comezou ás 19.00 horas, coa asistencia dunhas 200 persoas. Na imaxe poden verse os relatores, de esquerda a dereita, o cardiólogo da área do Corazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, José Manuel Vázquez Rodríguez, o catedrático de Economía e Empresa da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e un dos maiores expertos mundiais en xestión sanitaria, Vicente Ortún; o presidente do Consello Xeral dos Colexios Oficiais Médicos de España, Juan José Rodríguez Sendín; o director da Unidade de Xestión Clínica da área do Corazón do Hospital Virxe da Macarena de Sevilla, Rafael Hidalgo; o xefe do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Bellvitge, Xavier Corbella; e o vicepresidente do Colexio e organizador do foro, Enrique Castellón.

 

PRÓXIMOS EVENTOS