Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade Privada de Galicia
Homenaxe da Seguridade Privada á Xefatura Superior de Policía de Galicia
13 de febreiro de 2014. Hotel Hesperia Finisterre. A Coruña
A Asociación de Expertos e Empresas de Seguridade Privada de Galicia (Aesga) e a Asociación Profesional de Compañías Privadas de Servizos de Seguridade de España (Aproser), rendéronlle homenaxe á Xefatura Superior de Policía de Galicia, polo seu traballo serio, calado e eficaz na loita contra o crime organizado, o narcotráfico, o terrorismo, a delincuencia común e, sobre todo, polo seu labor humanitario.
.
O acto celebrouse no Hotel Hesperia Finisterre da Coruña, e deu comezo ás 20.00 horas, coa asistencia de máis dun centenar de persoas. Estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o comisario Xeral de Seguridade Cidadá do CNP, Florentino Villabona; o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; os presidentes de Aesga e Aproser, Roberto Lage e Ángel Córdoba, respectivamente, e o xefe superior de Policía de Galicia, Jaime iglesias, quen interveu en nome de todos os axentes baixo o seu mando.
Acceda á convocatoria de prensa do 12 de febreiro
Vexa a primeira previsión informativa, do 7 de febreiro
Xornada 'A nova normativa de seguridade privada. Unha visión desde a Garda Civil'
6 de novembro de 2012. De 10.00 a 14.00 horas. Sporting Club Casino. A Coruña
A Asociación de Expertos e Empresas de Seguridade Privada de Galicia (Aesga) organizou unha xornada para analizar a nova normativa de seguridade privada en España, desde o punto de vista da Garda Civil. A apertura correu a cargo do presidente de Aesga, Roberto Lage, e do xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz; mentres que na clausura pronunciaron unhas palabras o tenente xeneral Pablo Martínez Alonso, mando de Operacións da Garda Civil; e o presidente de Aesga, acompañados polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; e, de novo, o xeneral José María Feliz, xefe do instituto Armado en Galicia.
Como relatores, interviñeron os tenentes coroneis Anxo Sesma e José Antonio Montero, o coronel César Álvarez Fernández e o capitán Javier Umpiérrez; xunto aos tenentes coroneis Miguel Estévez Lara e Jorge González Veiga, ao presidente da Asociación Galega de Gardas de Campo, Jesús Permuy; ao presidente da Federación Galega de Gardas, Blas Méndez; e a Manuel Casal González, directivo de Aesga. Os moderadores foron Paloma Velasco Merino, membro do comité executivo da Unión de Asociacións de Seguridade (UAS) e o coronel Delfín Prieto Vidal, da Zona da Benemérita en Galicia.
Consulte o dossier informativo
Vexa a previsión do 5 de novembro
Descargue o avance do 1 de novembro
Homenaxe aos policías falecidos no Orzán e presentación do Plan Rede Azul
10 de abril de 2012. De 12.00 a 14.00 horas. Sporting Club Casino. A Coruña
A Asociación de Empresarios e Expertos de Seguridade de Galicia (AESGA), que preside Roberto Lage Regal, rendeulle unha homenaxe a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, o tres policías nacionais que perderon a vida cando tentaban recatar das augas do Orzán, o pasado 27 de xaneiro, ao estudante eslovaco Tomas Velicky. As familias deste tres axentes recibiron a mención de honra de AESGA, no transcurso dunha xornada dedicada á presentación do Plan Rede Azul, de colaboración entre o Corpo Nacional de Policía e o sector da Seguridade Privada.
A xornada comezou ás 12.00 horas, coa exposición das liñas mestras do Plan Rede Azul, a cargo do comisario xeral de Seguridade Cidadá do CNP, Florentino Villabona, e do comisario xefe da Unidade Central de Seguridade Privada, Esteban Gándara. A continuación, ás 13.30 horas, deu comezo a homenaxe aos tres axentes falecidos o pasado mes de xaneiro. Neste acto interviñeron o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o fiscal superior, Carlos Varela; o xefe superior de Policía na nosa comunidade, Jaime Iglesias; e o presidente de AESGA, quen abriu a quenda de palabra.
Descargue aquí o dossier de prensa
Consulte o avance do 4 de abril
Descargue aquí a primeira previsión informativa
Xornada de traballo de UAS na Coruña
19 de xaneiro de 2012. De 10.00 a 14.30 horas. Sporting Club Casino. A Coruña
A Unión de Asociacións de Seguridade Privada de España (UAS) celebrou unha reunión de traballo na cidade da Coruña, nas instalacións do Sporting Club Casino, á que asistiron máis de cen acodes. Neste acto, a Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade Privada de Galicia (AESGA) rendeu homenaxe ao xeneral Manuel Ferreiro Losada, quen foi xeral xefe da Garda Civil en Galicia, e a dúas expresidentes da entidade: Juan José Bandín Vara e Juan Pizorno Díaz.
Acceda aquí á crónica do eventoConsulte o avance informativo do 18 de xaneiro
Descargue a nota de prensa do 13 de xaneiro
Presntación en Galicia da Unión de Asociaciones de Seguridad
18 de febreiro de 2011. Palexco. A Coruña

A Unión de Asociaciones de Seguridad (UAS), que representa a máis de 200 empresas, deuse a coñecer en Galicia cunha xuntanza na que expertos profesionais e membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado analizaron algunhas das cuestións fundamentais para o sector da seguridade privada en España.
O acto foi inaugurado polo subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose Mesura, mentres que a clausura correu a cargo do xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá. Xunto a eles, estiveron o presidente de UAS, Antonio Ávila; e o presidente da Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia (AESGA) e secretario xeral de UAS, Roberto Lage.
Xornada 'El furtivismo en Galicia, análisis desde la seguridad'
28 de maio de 2010. Fundación Barrié. A Coruña.
Unha cita convocada pola Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga), que reuniu a un envexable coro de voces autorizadas para debater sobre o impacto do marisqueo ilegal na sociedade e a economía galega. Interviñeron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira; o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Ramón Fernández Asensio; o Comandante do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil, Ramiro Santalices; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; o fiscal de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz; e o presidente de Aesga, Roberto Lage, entre outros.
Clausura dos cursos de vixilantes de seguridade privada e de escoltas de Aesga
22 de decembro de 2009. Aula de Cultura Caixa Galicia. A Coruña.
Un peche de alto nivel para os cursos de vixiantes de seguridade privada e de escoltas, organizados por Aesga (Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia) e financiados pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar. O acto estivo encabezado polo presidente de Aesga, Roberto Lage.
Xornada 'La videovigilancia en el sector de la seguridad privada'
14 de outubro de 2009. Palexco. A Coruña
Organizado pola Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia (Aesga), esta xornada contou coa participación do comisario xefe da Unidade Central de Seguridade Privada da Policía Nacional, Esteban Gándara Trueba; o xefe da Sección Operativa de Medidas e Instalacións, na mesma unidade, Rafael Navarro Garcia; o director da Axencia Española de Protección de Datos, Artemi Rallo Lombarte; e diversos representantes do sector comercial.