EspañolGalego

Asociación Boirense de Empresarios (ABE)

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE), presidida por Carlos Rodríguez Muñiz, celebra periodicamente encontros destinados a analizar en profundidade algunhas das cuestións centrais da actualidade Española, co obxectivo de xerar debate e difundir ideas cara á opinión pública. Contan coa presenza de expertos de primeira liña e, até o momento, celebráronse as seguintes edicións, todas elas na Casa da Cultura Ramón Martínez López. 

 

¿Qué hacer con España?. 19 de abril de 2013.

 César Molinas, matemático, economista e experto no ámbito financeiro realizou unha análise sobre a situación de crise que vive España. Argumentou que "a clase política española desenvolveu nas últimas décadas un interese particular, sostido por un sistema de captura de rendas, que se sitúa por encima do interese xeral da nación. Neste sentido forma unha elite extractiva, segundo a terminoloxía popularizada por Acemoglu e Robinson".

molinasboiro

Nota de prensa do 18 de abril

Nota de prensa do 12 de abril

Nota de prensa do 5 de abril

 

Una crisis en tres versiones: histórica, económica y política. 3 de maio de 2012.

 O politólogo, director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia e exvicepresidente da Xunta, Xosé Luis Barreiro Rivas fixo un diagnóstico da situación de Europa, España y Galicia.

barreiro_abe

Crónica do evento

Nota de prensa do 2 de maio

Nota de prensa do 27 de abril

Nota de prensa do 20 de abril

 

A investigación biomédica en España. 13 de decembro de 2011.

Un repaso á situación dunha das industrias tecnolóxicas punteiras no noso país. Contou con catro expertos de luxo, Ánbel Carracedo, médico, catedrático de Medicamento Legal da USC e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica; José María Mato, doutor en Química, e director xeral dos Centros de Investigación Cooperativa en Biociencias, BIOGUNE, de Bilbao e de Investigación Cooperativa en Biomateriales, BIOMAGUNE, de Donosti; José Luís de Miguel, doutor en Ciencias Físicas, e subdirector xeral da Fundación Xeral do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e Enrique Castellón, médico, economista e creador dos Centros Nacionais de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e de Investigación Cardiovascular (CNIC), e da Axencia Española do Medicamento.

Nota del prensa do 12 de decembro

Nota de prensa do 9 de decembro

Nota de prensa del 7 de decembro

Nota de prensa del  2 de decembro

Nota de prensa del 25 de novembro



Reformas para el progreso económico. 2 de abril de 2011.

Dende Boiro, o ministro de Fomento, José Blanco, destacou a importancia do investimento e das redes de transporte para a recuperación económica española. O acto foi un éxito de público, e desenvolveuse nunha sala abarrotada.

abe_blanco_1

abe_blanco_2

 

Alternativas para a recuperación  e posta en valor do pazo de Goiáns de Boiro. 1 de decembro de 2010.

 Tres expertos da categoría de José Paz Gestoso, director do Instituto de Estudos Turísticos; Xavier Campos López, do departamento de xestión cultural da empresa Trivium; e Federico Garrido Villa, subdirector xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, analizaron as mellores formas de recuperar e poñer en valor as Torres de Goians, adquirido polo Concello de Boiro con fondos do Estado.

ABE_PAZO

 

Impacto e prevención da gripe A. 24 de setembro de 2010.

Unha mesa redonda centrada na enfermidade infecciosa que puxo en alerta  ao mundo. Participaron a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas; o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán; e o profesor Juan Gestal Otero,  catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

ABEGRIPEA


 

 

A crise económica. Influencia nas empresas e as entidades de crédito. 7 de maio de 2010

 Os relatores foron o presidente do Banco Pastor, José María Arias Mosquera, e o máximo responsable da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla Ramil.

ABECRISIS

 

A Administración de Xustiza e as súas relacións coa política. 17 de novembro de 2009.

 Interviron o presidente do Tritunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; e o veterano xornalista Julio Fariñas, especialista en narcotráfico, crime organizado e tribunais.

ABEJUSTICIA

Medio ambiente e desenvolvemento sostible: oportunidades e retos para a empresa galega do século XXI. 17 de abril de 2009.

A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, foi a encargada de inaugurar o Foro Empresarial Boirense, cunha charla que marcou un altísimo nivel de calidade.

ABE ESPINOSA


 

PRÓXIMOS EVENTOS