EspañolGalego

Tertulia sobre a desigualdade e a súa repercusión na saúde

28 de abril de 2014. 20.00 horas. Sede do Colexio Médico na Coruña (Riego de Auga)

desigual

 Os colexios de Médicos e Farmacéuticos da provincia da Coruña organizaron un faladoiro sobre a desigualdade e a súa repercusión na saúde, no que participaron o secretario xeral de Cáritas España, Sebastián Mora; a doutora en Saúde Pública e xefa de servizo de Sistemas de Información Sanitaria da Axencia de Saúde Pública de Barcelona, Carme Borrell; e a catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión da Universidade das Palmas, Beatriz González López-Valcárcel.


Á cita acudiron, entre outros, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o fiscal superior da nosa comunidade, Carlos Varela; o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe; os concelleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Servizos Sociais do Concello da Coruña, Martín Fernández Prado e Miguel Lorenzo, respectivamente; o xerente do Consocio de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez; os presidentes dos colexios organizadores do acto, Luciano Vidán e Rosa Lendoiro; os presidentes dos colexios profesionais de Enfermaría, Sergio Quintáiros; de Veterinarios, Xosé Uxío Rei Fernández; e Fisioterapeutas, José Luís Aristín; as presidentas da xunta provincial da Asociación Española contra o Cancro, Elena Viturro, e de Amas de Casa, Rosa Otero; a presidenta do Instituto Médico Cirúrxico San Rafael, Benigna Pena; e gran número de médicos, farmacéuticos e membros de ONG.

Descargue a convocatoria de prensa