EspañolGalego

VII Encontro Médico

7 de xuño de 2014. Santiago de Compostela

foto carracedo


A sétima edición do Encontro Médico, a gran festa anual do Colexio Médico da Coruña (COMC), celebrouse o sábado, 7 de xuño, en Santiago de Compostela. No acto central, que deu comezo ás 12.30 horas, na Facultade de Medicina da USC, rendeuse homenaxe aos médicos que atenderon ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, e outorgóuselle a medalla de ouro e brillantes, o máximo galardón do COMC, ao profesor Ángel Carracedo, un dos máis preclaros científicos do noso país. Ademais, concedéronse os títulos de colexiados de honra e honoríficos, e fíxose entrega do carné profesional aos mozos que inician a súa formación MIR.

O evento contou coa asistencia de case 450 persoas, e estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás; a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; o reitor da USC, Juan Casares; o presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos, Juan José Rodríguez Sendín; o presidente do Colexio Médico da Coruña, Luciano Vidán; o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal; e os presidentes das comisións Deontolóxica e de Honras e Premios do COMC, Fernando Márquez e Miguel de Santiago, respectivamente.

Descargue a crónica do evento

Vexa a convocatoria de rolda de prensa