EspañolGalego

Colocación da primeira pedra do contradique de Punta Langosteira

26 de novembro de 2014. Punta Langosteira. A Coruña

As instalacións do Porto Exterior da Coruña, en Punta Langosteira, foron presentadas oficialmente neste acto, no que tamén tivo lugar a colocación da primeira pedra do contradique. O evento contou coa presenza da ministra de Fomento, Ana Pastor; o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; os alcaldes de Arteixo e A Coruña, Carlos Calvelo e Carlos Negreira; e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada, entre outras autoridades e representacións.