EspañolGalego

Quen somos?

Quen somos

Aguamarina, comunicación e eventos, traballa coa información como materia prima en todos os seus rexistros, e en todos os seus formatos. Somos unha empresa formada por profesionais de contrastada experiencia nos medios de comunicación escritos e audiovisuais. Participamos na organización dalgúns dos actos máis importantes celebrados en Galicia durante os últimos anos: visitas de Xefes de Estado e de Goberno, congresos, convencións, campañas políticas e comerciais, entregas de premios e espectáculos. Organizamos eventos cunha participación superior ás 30.000 persoas e coordinamos dispositivos de seguridade, tráfico, protección civil, sanidade e transporte.

A seriedade, o rigor e a precisión son o selo do noso traballo.