EspañolGalego

Inauguración da exposición 'O primeiro Picasso'

19 de febreiro de 2015. 19.00 horas. Museo de Belas Artes da Coruña

SS. MM. os Reis de España, don Felipe VI e dona Letizia, inauguraron a exposición 'O primeiro Picasso. A Coruña 2015', dedicada á etapa coruñesa de Pablo Picasso e a influencia que tivo na súa obra posterior. Ao acto asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde da cidade herculina, Carlos Negreira, entre outras autoridades e representacións.