EspañolGalego

Inauguración da 5ª liña de produción de CIE-Galfor

12 de xuño de 2015. Polígono de San Cibrao das Viñas. Ourense

CIE-Galfor, empresa galega integrada en CIE Automotive, inaugurou a quinta liña de fabricación de cigoñais forxados da súa factoría no polígono de San Cibrao das Viñas, en Ourense. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente de CIE Automotive, Antón Pradera, e contou coa presenza dun centenar de persoas. Entre elas, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde; o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; o alcalde de San Cibrao, Manuel Fernández Moreiras; o delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño, entre outros representantes institucionais, empresarios e financeiros.

Descargue a previsión informativa

Consulte o dosier de prensa

 

PRÓXIMOS EVENTOS