EspañolGalego

Gala dos Encontros da Enxeñaría de Camiños de Galicia

11 de xuño de 2015. Teatro Rosalía de Castro. A Coruña

O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia celebrou a gala central dos primeiros Encontros da Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos de Galicia, no  teatro Rosalía de Castro da Coruña. Contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta , Ethel Vázquez; o presidente do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de España, Juan Antonio Santamera, e o decano da institución colexial galega, Ricardo Babío.

Durante o seu transcurso fíxose entrega das medallas ao Mérito Colexial, o máximo recoñecemento outorgado pola institución, reservado a enxeñeiros cunha longa e frutífera traxectoria profesional. Catro foron os galardoados este ano: Rafael Barredo, Eduardo Toba, Guillermo Grandío e Carlos Nárdiz. Tamén recibiu un recoñecemento a ONG Enxeñaría Sen Fronteiras de Galicia, polo seu traballo constante e pouco coñecido para a universalización dos servizos básicos e a mellora da calidade de vida nos países máis desfavorecidos.

Na gala, que estivo presentada pola xornalista Mónica Martínez, recibiuse aos novos colexiados, que veñen de rematar seus estudos e inician agora a súa aventura profesional. Todos eles foron obsequiados cun selo co seu nome e o seu número de colexiado.

Vexa a previsión informativa