EspañolGalego

VII Encontro Médico

20 de xuño de 2015. Paraninfo da Universidade da Coruña

O Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (COMC) celebraró a oitava edición do seu Encontro Médico, que tivo o seu  acto central ás 12.00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña. Estivo presidido pola conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Rocío Mosquera, e o presidente do COMC, Luciano Vidán, e contou coa asistencia dunhas 450 persoas.

No evento fíxoselle entrega da medalla de ouro e brillantes, o máximo galardón que concede o COMC, a Alfonso Castro Beiras, "un gran médico, un excelente xestor e un dos máis insignes cardiólogos da historia do noso país", segundo recolle a acta de concesión do premio. Tamén recibiron as insignias de de ouro e o título de colexiados de honra os doutores José Pena Guitián, Antonio Cimadevila Covelo, José Corujo Quián e Fernando Montoto Estévez.

Ademais, outorgáronse as medallas de prata aos facultativos que se xubilaron no último ano, e se recibiu oficialmente no Colexio aos novos médicos, que agora comezan a súa formación MIR.

Entre os asistentes estiveron o presidente do Consello de Estado, o xeneral xefe da Forza Loxística Operativa, a xa citada conselleira de Sanidade, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o reitor da Universidade da Coruña, o vicerreitor da Universidade de Santiago, o decano da Facultade de Medicina da USC, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, o xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, o almirante xefe do Arsenal de Ferrol, o presidente da Audiencia Provincial da Coruña, o exalcalde Carlos Negreira e algúns dos galardoados coas medallas de ouro e brillantes en edicións anteriores, como Ramón Cobián Varela, Santiago Rey Fernández-Latorre, Fernando Diz-Lois, Juan Suárez Barros e José Fernández Pernas.

A xornada arrincou ás 10.30, cunha misa na Igrexa de San Francisco, da Venerable Orde Terceira, en memoria dos colexiados falecidos, que estivo presidida polo bispo auxiliar de Santiago e responsable da Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española, Jesús Fernández. A partir das 14.15 horas, serviuse un xantar de confraternidade no Hotel Finisterre.

Consulte a previsión informativa