EspañolGalego

Fogar de Sor Eusebia

Desde Aguamarina Comunicación e Eventos, colaboramos co Fogar Sor Eusebia para dar difusión ao seu traballo solidario e desinteresado. Trátase dunha ONG con sede na Coruña, que ofrece unha segunda oportunidade ás persoas sen teito. Cooperamos nos seguintes proxectos:

Presentación da Memoria 2017 do Fogar

13 de marzo de 2018

presentacion_memoria_2017

O pasado 13 de marzo, o centro de inclusión social Fogar de Sor Eusebia presentou a súa Memoria 2017 nunha rolda de prensa na que se deu conta das actividades levadas a cabo e da situación do proxecto Micasita.

A presentación da Memoria da entidade estivo protagonizada polo seu presidente, José Vicente Martínez Rico e o asesor do presidente e director do proxecto Micasita para os senteito, Diego Utrera.

Descargue aquí a previsión informativa

Descargue aquí o dosier de prensa


Visita do director xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado

19 de xaneiro de 2018

visita_dx_inclusion_social

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a subdirectora xeral de Inclusión e Integración Social da Xunta de Galicia, Ana María Aboy, visitaron o pasado 19 de xaneiro o Fogar de Sor Eusebia. Alí supervisaron as obras de ampliación do soportal de entrada –realizado coa axuda da Administración autonómica-, percorreron as instalacións e mantiveron unha reunión de traballo co equipo directivo do Fogar.

Á súa chegada foron recibidos polo presidente da institución, José Vicente Martínez Rico; o seu asesor, Diego Utrera; e a directora en funcións, Dores Mosquera, no soportal exterior ampliado por un importe de 21.000 euros, dos cales a Xunta achegou 17.400 e o resto a institución benéfica.

Descargue aquí a previsión informativa

Descargue aquí a crónica do acto

 

Presentación da Memoria 2016 do Fogar

23 de febreiro de 2017

_dsc0048

O centro de inclusión de acollida e inclusión social Fogar de Sor Eusebia presentou, o pasado 23 de febreiro, a súa Memoria anual de 2016, onde se deu conta dos principais aspectos da súa xestión e informouse da situación do proxecto Micasita para os senteito.

Á cita cos xornalistas acudiron o presidente e o director do Fogar, José Vicente Martínez Rico e Diego Utrera, respectivamente, que estiveron acompañados por Luz Paz, profesora de Teoría da Arquitectura da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, e experta en cuestións de hábitat básico.

Descargue aquí a previsión informativa

Descargue aquí a nota de prensa

 

A miña casiña

En desenvolvemento desde finais de 2015

Co proxecto A miña casiña, o Fogar Sor Eusebia pretende construír uns módulos habitacionales prefabricados, fáciles de montar para os sen teito. Terán un equipamento O seu equipamento cubrirá as necesidades básicas e, deste xeito, os excluídos sociais que rexeitan vivir nunha residencia, poderían gardar os seus aveños, durmir baixo teito, cunha temperatura adecuada e cubrir as súas necesidades de aseo máis elementais.  Para polo en marcha realizáronse encontros e entrevistas con distintas institucións, e de todas elas informamos a través de notas de prensa.

Visita do conselleiro de Política Social ao Fogar Sor Eusebia

Encontro co director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña

Apoio da Consellería de Política Social

Xuntanza no Concello da Coruña

 

Visita de Laure, xogador do Deportivo

17 de decembro de 2015.

O xogador do Real Club Deportivo da Coruña, Laureano Sánchez Laure visitou o Fogar Sor Eusebia,  situado no lugar de Mazaido, Bens. Foi recibido pola vicepresidenta da institución benéfica, Rosalía Martínez, e realizou un percorrido polas instalacións. Durante a visita, coñeceu aos internos, persoas en exclusión social, que durmían na rúa ata que a ONG brindoulles unha segunda oportunidade.

Previsión informativa

 

Semana cultural 2015

Do 14 ao 18 de decembro de 2015.

Por terceiro ano consecutivo, o Fogar Sor Eusebia organizou a súa Semana Cultural, prólogo das festas do Nadal. A programación incluíu a proxección dunha película e as actuacións musicais de entidades amigas  como a Coral do Sporting Club Casino da Coruña, a Tuna de Veteranos e o Coro Rociero da Casa de Andalucía.

Previsión informativa