EspañolGalego

Gala en Ribeira da Asociación Provincial de Amas de Casa

3 de xuño de 2016. Auditorio de Ribeira.

d

Dentro do programa de actividades que a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña organizou con motivo do seu 50 aniversario, o pasado 3 de xuño celebrouse no Auditorio de Ribeira unha gala presentada polo delegado de La Voz de Galicia no Barbanza, Ramón Ares, e na que actuaron os grupos Aires do Barbanza, Aires de Dorna, a Coral Polifónica Municipal da localidade, un octeto de saxofonistas e un pianista, estes últimos, alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ribeira.

Durante a velada, que congregou a centos de espectadores, interviñeron a presidenta da Asociación de Amas de Casa de Ribeira, Magdalena Bringas, a presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, Rosa Otero, e o alcalde da localidade, Manuel Ruiz Rivas.

hh

Durante a gala tamén se proxectou un vídeo que recolle a historia destes 50 anos de vida da asociación e a actividade que desenvolve na actualidade. Os actos de celebración do aniversario terán a súa continuidade en Ribeira entre os días 4 e 18 de novembro, coa exposición itinerante que repasa ese medio século de vida.

ff

Descargue a previsión informativa

Vexa a crónica da gala