EspañolGalego

IX Encontro Médico

11 de xuño de 2016. Igrexa conventual de San Francisco e Facultade de Medicina de Santiago

r

O Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña (COMC) celebrou, o pasado 11 de xuño, a novena edición do seu Encontro Médico, cuxo acto central tivo lugar no salón de actos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa asistencia do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o reitor da USC, Juan Viaño; e o presidente da RAE, Darío Villanueva, entre outras autoridades e representacións.

No Encontro entregouse a medalla de ouro e brillantes, o máximo galardón que concede o COMC, ao doutor José Castillo, "un médico excelente, un magnífico profesor e un dos máis insignes especialistas nas historia da neurología española", segundo recóllese no acta de concesión do premio, aprobada por unanimidade da xunta directiva.

e

Tamén se fixo entrega dos títulos de Colexiados Honoríficos e da insignia de prata do Colexio aos médicos que se xubilaron nos últimos meses, e dos títulos de Colexiados de Honra e insignia de ouro aos facultativos máis veteranos. Ademais, os membros da xunta directiva que cesaron o pasado ano recibiron a medalla de prata da institución, e proxectouse un vídeo en recordo do doutor Alfonso Castro Beiras, falecido recentemente.

Antes do acto na Facultade de Santiago, celebrouse, ás 11.30 horas, unha misa polos colexiados falecidos. Oficiouse na igrexa conventual de San Francisco e estivo presidida polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, acompañado de varios capeláns de hospitais da provincia. O programa finalizou cun xantar de confraternidade na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

0

Vexa a previsión informativa

Consulte a nota de prensa

Discurso de aceptación pronunciado polo doutor José Castillo