EspañolGalego

Gala de entrega de premios do proxecto MiCasita

13 de xullo de 2016. Salón de actos de Afundación. A Coruña

grupo

A proposta titulada A través del hogar do equipo integrado polos arquitectos Ana María Cabo, Rosalidia Álvarez e Ángel Romo e a estudante de arquitectura Cristina Vilares foi a gañadora do concurso convocado pola ETSAC e o Fogar Sor Eusebia para dar unha solución habitacional aos senteito da Coruña, dentro do programa MiCasita. O premio consiste no encargo da redacción do proxecto básico e de execución.

O segundo galardón foi para o traballo titulado Una casa para Manuel realizado polos arquitectos Patricia Muñiz e Luciano González, do Estudio MMasa, e do estudante de arquitectura Borja Pérez Dopozo.

En terceiro lugar quedou a idea presentada por Mauro Lomba (arquitecto) e Santiago Prol (estudante da ETSAC)  por RECURSOS.

Tanto o segundo como o terceiro clasificado recibiron un cheque de compra de El Corte Inglés que, deste xeito, colabora con este proxecto solidario.

Os tres accesits  recaeron en J47V de Julio Besiga, arquitecto, e Cristina Besiga estudante de arquitectura; en Legobox dos arquitectos Paula Feijoo e Emma Noriega, e do estudante de grao de arquitectura Pablo Iglesias; e en Mi patio, Mi casa, Mi huerto do arquitecto Daniel Prieto e dos estudantes da ETSAC Sofía Prósper e Alberto Terán.

ganadores

O xurado estivo integrado por Fernando Agrasar (director da ETSAC); Jorge Cao, director do Servizo de Urbanismo do Concello da Coruña; Guillermo Evia, subdirector xeral de Proxectos e Accesibilidade da Consellería de Política Social; Fernando Blanco, designado polos concursantes; os profesores da ETSAC Manuel Gallego Jorreto e Jacobo Rodríguez-Losada; e o presidente do Fogar Sor Eusebia, José Vicente Martínez Rico. Como secretarios, sen voz nin voto, actuaron Amparo Casares, subdirectora da Escola, e Diego Utrera, director do Fogar.

O acto de entrega de premios celebrouse na sede de Afundación, na Coruña, e estivo presidido conselleiro de Política Social, José Manuel Rey;  o reitor da UDC, Julio Abalde; e a concelleira Igualdade, Colectivos Minoritarios e Minorizados, Planificación Familiar e Loita contra a Violencia de Xénero, Rocío Fraga. No salón de actos tamén se deron cita empresarios, representantes do movemento asociativo de base, das Forzas Armadas e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e unhas cen persoas que están na exclusión social.

Abriu a sesión, presentada pola xornalista Loreto Silvoso, o presidente do Fogar Sor Eusebia, José Vicente Martínez Rico, quen dixo que "hoxe é un gran día para os sintecho porque hoxe damos o primeiro paso para dotarlles dunha casiña onde poidan durmir quente, gardar as súas pertenzas, asearse e resgardarse dos perigos da rúa".

loreto

O programa MiCasita é "coral", en palabras de Martínez Rico. "É o froito, dixo, da conxunción de esforzos e vontades" do Fogar Sor Eusebia, a ETSAC, o Concello da Coruña e a Consellería de Política Social da Xunta.  Neste sentido, lembrou que, ao pouco tempo de chegar a María Pita, o alcalde, Xulio Ferreiro, declarou que "nós estamos aquí porque hai unha emerxencia social" e, consecuente coas súas palabras, puxo á nosa disposición unha parcela para a construción das primeiras vinte soluciones habitacionaies para os senteiro". E con el, "empuxando e sorteando dificultades", segundo o presidente de Sor Eusebia, "os concelleiros Xiao Varela, Silvia Cameán e Rocío Fraga.  E técnicos municipais, como Jorge Cao e Teté Regueiro, achegando sempre a súa profesionalidade e bo facer".

Outra voz importante nese coro, apuntou Martínez Rico, é o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey. "Desde o momento da súa toma de posesión, sumouse ao proxecto, fixo un oco na súa axenda para coñecernos a pé de obra, e brindouse para rozar o terreo burocrático. Con el o seu secretario xeral, Javier Abad, e o subdirector xeral de Proxectos e Accesibilidade, Guillermo Evia".

Rico, emocionado, aludiu, tamén, á axuda e solidariedade que atopou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, personificada no seu director, Fernando Agrasar, a quen cualificou de "un bo arquitecto, un extraordinario docente, un magnífico xestor e, sobre todo,  un gran ser humano". E, dirixíndose a el engadiu: "moitas grazas, Fernando, sen a túa firme e decidida determinación e sen a axuda da sempre eficaz Amparo Casares, non chegariamos ata aquí.  Grazas tamén aos profesores, alumnos e concursantes que se envorcaron co noso proxecto"

ricoyconselleiro

O presidente do Fogar Sor Eusebia referiuse aos mecenas do programa "un grupo de persoas que cren que o beneficio empresarial non é un fin en si mesmo senón unha maneira de contribuír á felicidade das persoas e á construción dun mundo mellor".

Para finalizar mencionou os prazos de execución das obras: "O noso obxectivo, apuntou, é comezar canto antes, se é posible despois do verán. Pretendemos evitar aos senteito un inverno máis de frío, choiva e sufrimento" E, para iso, solicitou "á corporación municipal  que acelere os prazos para a cesión do terreo e a obtención da correspondente licenza urbanística".

vista

Nota de prensa concurso

Nota de prensa fallo MiCasita

Previsión informativa

Crónica gala MiCasita