EspañolGalego

Exposición en Abegondo sobre o 50 aniversario da Asociación de Amas de Casa

25 de maio de 2016. Sala Miltiusos Municipal do Concello de Abegondo

presiden

O mércores 25 de maio, na Sala Multiusos Municipal do Concello de Abegondo, celebrouse a inauguración da exposición organizada con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. O acto estivo presidido pola presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero, e polo alcalde do municipio, José Antonio Santiso Miramontes.

rosayalcalde

A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis -montados en roll up-  dase testemuño dos momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación. O comisario da mostra é Paco Docampo e os textos son de Rubén Ventureira, Arturo Losada e o propio comisario. O deseño é obra de Marta Álvarez.

A exposición conta o nacemento da asociación e a súa situación actual, as presidentas que tivo, as súas reivindicacións, os congresos, xornadas, conferencias e charlas que organizou; a súa distribución territorial, a súa presenza nas institucións e as súas relacións institucionais; o seu labor solidario e as súas publicacións e viaxes.  Despois de Abegondo exhibirase na Coruña, Carballo, Santiago, Cee, Ferrol e Ribeira.

gente

Previsión informativa