EspañolGalego

Exposición en A Coruña sobre el 50 aniversario de la Asociación de Amas de Casa

4 de xullo de 2016. Sala de exposicións do Colexio de Médicos. A Coruña

grangrupo

O pasado 4 de xullo, na sede do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, rúa Rego de Auga, 29, 2º, celebrouse a inauguración da exposición organizada con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. O acto estivo presidido polo alcalde da cidade, Xulio Ferreiro; a secretaria da Delegación Territorial da Xunta na provincia da Coruña, Patricia Rodríguez Franco; e a  presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero.

ambiente

A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis  -montados en roll up-, e nela dáse testemuño dos momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación. O comisario da mostra é Paco Docampo e os textos son de Rubén Ventureira, Arturo Losada e o propio comisario. O deseño é obra de Marta Álvarez.

A exposición, que xa se puido visitar en Abegondo e Carballo, conta o nacemento da asociación e a súa situación actual, as presidentas que tivo, as súas reivindicacións, os congresos, xornadas, conferencias e charlas que organizou; a súa distribución territorial, a súa presenza nas institucións e as súas relacións institucionais; o seu labor solidario e as súas publicacións e viaxes.  Despois da Coruña exhibirase en Santiago, Cee, Ferrol e Ribeira.

seoras

Previsión informativa