EspañolGalego

Exposición en Santiago sobre o 50 aniversario da Asociación de Amas de Casa

20 de xullo de 2016. Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela

santiao01

O pasado 20 de xullo, no Salón de Ámbito Cultural de ElCorte Inglés de Santiago de Compostela, celebrouse a inauguración da exposición organizada con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. O acto estivo presidido pola primeira tenente de alcalde de Santiago de Compostela, María Rozas Pérez, a directora técnica da Escola Galega de Consumo, Patricia Fernández; a presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero; e o director rexional de El Corte Inglés, Javier Esteban.

A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis  -montados en roll up-, dáse testemuño dos momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación. O comisario da mostra é Paco Docampo e os textos son de Rubén Ventureira, Arturo Losada e o propio comisario. O deseño é obra de Marta Álvarez.

santiao02

A exposición, que xa se puido visitar en Abegondo, Carballo e A Coruña, conta o nacemento da asociación e a súa situación actual, as presidentas que tivo, as súas reivindicacións, os congresos, xornadas, conferencias e charlas que organizou; a súa distribución territorial, a súa presenza nas institucións e as súas relacións institucionais; o seu labor solidario e as súas publicacións e viaxes.  Despois de Santiago exhibirase en Cee, Ferrol e Ribeira.

santiao03

Consulte aquí a previsión informativa