EspañolGalego

Visita do alcalde da Coruña ao Fogar Sor Eusebia

4 de agosto de 2016. Fogar Sor Eusebia. A Coruña.

sor01

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, visitou, o pasado 4 de agosto, o centro de inclusión social Fogar Sor Eusebia, en Mazaido, Bens, que acolle a sesenta excluídos sociais entre os que se atopan algúns sinteito que vivían nas rúas da cidade.

O rexedor foi recibido polo presidente do Fogar, José Vicente Martínez Rico; a súa conselleira delegada, Amparo Otero; o seu subdirector, Víctor Hugo Castillo; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar; e o catedrático da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC e responsable da aula de Informática do centro, Alejandro Pazos.

sor02

Na súa estancia no Fogar, o alcalde percorreu a área administrativa -dirección, contabilidade e traballo social- os servizos de barbería, pedicura, enfermería, terapia ocupacional, fisioterapia, lavandería e ferro; o salón de actos, a cociña, as habitacións compartidas e individuais, a sala de informática, a capela, a biblioteca, o almacén de alimentos, as cámaras frigoríficas, o xardín, a zona lúdica e o ximnasio. A visita concluíu cun café, que se serviu no comedor do centro, e no que participarán residentes e traballadores.

A preguntas dos medios de comunicación, o alcalde reiterou o seu apoio ao proxecto MiCasita e apuntou que un dos obxectivos da súa visita era "falar cos responsables de Sor Eusebia sobre que tipo de colaboracuón podemos establecer". O rexedor sinalou que "a concellería de Rexeneración Urbana está a traballar sobre diversas opcións" para determinar a localización das vivendas.


sor03

Consulte aquí a previsión informativa

Crónica da Gala MiCasita

 

PRÓXIMOS EVENTOS