EspañolGalego

Presentado o III Torneo Non estamos soas

xxdsc_5319

Presentación do Torneo Non estamos soas. 19 de agosto de 2016. Sede da aecc.

O III Torneo de Pádel Solidario Non estamos soas, organizado a beneficio da Asociación Española contra o Cancro (aecc), celebrarase entre o 31 de agosto e o 11 de setembro, nas pistas de Zona Pádel Squash, en Pastoriza (Arteixo), co obxectivo de recadar fondos para a loita contra os tumores malignos e levar unha mensaxe de esperanza a todas aquelas persoas que padecen esta enfermidade. Esta mañá foi presentado nunha rolda de prensa na que participaron a doutora Marta Pérez, directora do torneo e paciente de cancro de mama, a presidenta da Xunta Provincial da aecc na Coruña, María Elena Viturro, e a colaboradora Beatriz Fernández.

O prazo de inscrición abriuse o pasado día 3 de agosto na páxina web www.doblered.es, ou de forma presencial nas instalacións de Zona Pádel Squash, e pecharase ás 21.00 horas do 27 deste mes. Todos os beneficios do torneo destinaranse a financiar as actividades que a aecc realiza para axudar aos pacientes con cancro de mama e os seus familiares, e para impulsar a investigación médica.

O torneo de pádel contará con catro categorías masculinas, outras tantas femininas,  tres mixtas e unha de empresa. O prezo, que inclúe dous euros para o seguro obrigatorio, oscila entre os 17 e os 35 euros dependendo da categoría. Na fase previa de grupos garántese a disputa dun mínimo de dous partidos.

No apartado de squash disputaranse dúas categorías en cada modalidade: masculina, feminina e mixta. O prezo único de inscrición nesta disciplina é de 10 euros. En canto ao tenis, que por segundo ano ofrece unha competición para xogadores federados, inclúe categorías masculina e feminina para todas as idades: benxamín, alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos de máis de 35 anos. Tamén ofrece a modalidade de Open mixto e dobres non federados. Nesta  modalidade presta o seu apoio o Centro Slazenger Coruña.

xxdsc_5327

Na clausura sortearanse importantes premios, como unha pulseira de actividade Blaze cedida por Fitbit, lentes homologadas das ópticas Sánchez Rubal, unha cea no restaurante Manolito e unha bicicleta de Decathlon. Ademais, e como vén sendo habitual desde a primeira edición, se rifará unha scooter Piaggio, doada por Manell Motor.

Co torneo colaboran, tamén, Clínica Ferreras, Onda Cero, Abaton Centro Médico, Adeslas, Vifer Rotulación, Padel D'Luxe Trofeos e Complementos, Making Tennis. DIDxital Imprenta rápida, Ficar Home, O Lagar de José, Clínica O Burgo, Zenit Hoteis, Recicla2, Jamonerías O Piñeiral, Instituto Médico Arriaza, 21 Parque Europa, Adastra estudos no estranxeiro, Eco 4D Coruña, Mundocio, O Hoyo, Softee Padel, Planeta del Mueble, Restaurante Mirador de San Pedro, Ankeron, Dorp Shot, Cualtis, Herbalife e Eroski Center.

xxdsc_5324

A impulsora deste torneo de deporte solidario é Marta Pérez, facultativa especialista en Medicina do Traballo, que mantén desde hai anos unha batalla persoal contra o cancro. Natural de Venezuela, Marta Pérez emigrou a España en 2006, fuxindo da inestable situación política do seu país natal. Aquí atopábanse xa a súa irmá e os seus pais, ela foi a última da familia en tomar o camiño do exilio. E aquí  atopou traballo no seu campo de experiencia.

En marzo de 2008, a tranquila vida que se procurou no noso país enturbouse por unha mala noticia: un diagnóstico de cancro de mama en fase avanzada. Oito anos despois a doutora Pérez converteuse nun referente para todas as mulleres que pelexan contra a enfermidade. "Sigo na loita e atópome moi ben", explica. "Trato de manterme fisicamente activa e creo firmemente que o deporte é unha axuda sensacional". Por iso, cada ano afronta con máis entusiasmo a complexa tarefa de promover esta cita. "Pasa o tempo e eu sigo aquí, a tope", sinala.

Para Marta Pérez, a organización do torneo Non estamos soas é unha oportunidade de demostrar que "nunca hai que renderse. Hai que loitar e conservar o ánimo para levantarse todos os días. Nesta enfermidade, a actitude é unha gran parte da curación".

Ver previsión informativa

Cartel do torneo