EspañolGalego

Gala en Abegondo da Asociación Provincial de Amas de Casa

9 de outubro de 2016. Centro Cultural O Salón, Abegondo

dsc_2132

O centro cultural O Salón acolleu, o pasado domingo 9 de outubro, a terceira das sete galas que a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña organiza con motivo do seu 50 aniversario. O acto foi conducido pola xornalista Loreto Silvoso, quen agradeceu aos asistentes a súa presenza e a colaboración dos patrocinadores. Outro tanto fixo a presidenta provincial, Rosa Celia Otero Raña, quen salientou que sen a axuda da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gadis, Mercadona, Vegalsa-Eroski, Estrella de Galicia e Ecoembes este acto non sería posible.

Rosa Otero agradeceu na persoa da presidenta local, Esperanza López Zapata, o labor que vén desenvolvendo a Asociación de Amas de Casa de Abegondo, e lembrou que, nese último medio século, "avanzamos nos nosos dereitos, pero aínda non alcanzamos a tan ansiada e reivindicada igualdade cos homes. Non se nos recoñeceu o extraordinario labor que realizamos" porque, engadiu, "á marxe de coidar dos nosos fogares, traballamos no campo, na industria ou no sector servizos e, día a día, damos exemplo de coraxe, valentía e decidida determinación para sacar adiante ás nosas familias e conquistar o lugar que nos corresponde nunha sociedade máis xusta e igualitaria".

dsc_2501

Nun ton reivindicativo, lembrou que "as mulleres do noso tempo crían aos seus fillos, coidan, ás veces, dos seus pais e dos seus netos, e non teñen dereito a unha pensión de xubilación despois de separarse ou divorciarse dos seus maridos". "Por iso, dixo, unha das nosas reivindicacións segue sendo que poidan cotizar á Seguridade Social, como no seu momento fíxose cos homes e mulleres do campo, para non ter que pedir por favor o que lles corresponde por dereito".

Para a presidenta provincial, a asociación está "na vangarda da defensa dos consumidores e usuarios. Un labor que, puntualizou, "realizamos desde a independencia e o altruísmo. Unha independencia que levamos gravada a lume no noso código xenético". E concluíu a súa intervención cun chamamento aos máis novos: "Necesitamos xente nova que siga loitando por unha igualdade da muller, que aínda non logramos".

dsc_2621

Previamente fixo uso da palabra a presidenta da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Abegondo, quen, despois de manifestar a súa satisfacción pola elección da localidade como unha das escollidas para esta serie de galas, lembrou que "as mulleres españolas somos xa maioría na Universidade e ocupamos postos de altísima responsabilidade nas institucións e nas empresas. O futuro é feminino", remarcou.

Esperanza López Zapata compartiu cos presentes os éxitos da entidade que preside. Referíndose aos fins da asociación, puntualizou que "o noso norte son os dereitos das mulleres e dos consumidores, pero nada do que sucede ao noso ao redor énos indiferente". Para pechar a súa intervención mostrouse a súa preocupada polo futuro, "necesitamos -dixo- sabia nova e non só feminina senón, tamén masculina, para facer fronte aos novos retos das amas e amos de casa e dos consumidores e usuarios".

dsc_2722

José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, pechou a velada, que contou coa actuación dos grupos de Acordeón, Percusión e Metal da Escola de Música de Abegondo, do Coro Galego de Santa Comba, de Veigue; do grupo de Gaitas e Baile do Concello de Abegondo, e dos profesores da Escola de Música do municipio Diego Moar (piano) e Rebeca Salgado (frauta).

Despois de Abegondo, a próxima gala celebrarase o 19 de outubro, en Ferrol.

 

Descargue a previsión informativa

Crónica do acto