EspañolGalego

Exposición en Ribeira sobre o 50 aniversario da Asociación de Amas de Casa

4 de novembro de 2016. Mercado Municipal de Ribeira.

O pasado 4 de novembro, no Mercado Municipal de Ribeira, celebrouse a inauguración da exposición organizada con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. O acto estivo presidido pola presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero, e polo alcalde do municipio, Manuel Ruíz Rivas.

dsc_5784

A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis -montados en roll up- dáse testemuño dos momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación. O comisario da mostra é Paco Docampo e os textos son de Rubén Ventureira, Arturo Losada e o propio comisario. O deseño é obra de Marta Álvarez.

dsc_5783

A exposición conta o nacemento da asociación e a súa situación actual, as presidentas que tivo, as súas reivindicacións, os congresos, xornadas, conferencias e charlas que organizou; a súa distribución territorial, a súa presenza nas institucións; o seu labor solidario e as súas publicacións e viaxes. O acto contou coa actuación da coral da Asociación de Amas de Casa de Ribeira.

Consulte aquí a previsión informativa