EspañolGalego

Presentación do libro de Alberto Juffé "Co corazón na man. 25 anos de cirurxía cardíaca na Coruña"

15 de novembro de 2016. Salón de actos de Afundación. A Coruña.

dsc_8158

Uns 300 invitados acudiron á presentación do libro de Alberto Juffé Con el corazón en la mano. 25 anos de cirugía cardíaca en A Coruña, celebrada en Afundación, o pasado 15 de novembro. O doutor Juffé estivo acompañado na presidencia por Alberto Núñez Feijoo, José Manuel Romay e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Entre o público, a súa esposa, fillas e xenros; os prologuistas da publicación, José Manuel García Buitrón e Jesús Caramés; os patrocinadores, o presidente  do Colexio Médico, Luciano Vidán; Diego Calvo, e médicos, enfermeiras, fisioterapeutas e persoal sanitario.

Na súa intervención, Alberto Juffé lembrou os obxectivos que se propuxo "cando cheguei a esta terra, que xa é a miña: desenvolver a cirurxía cardíaca, que ningún galego tivese que emigrar para operarse; iniciar un programa de transplantes cardíacos en Galicia e para Galicia; poñer a cirurxía cardíaca da Coruña no mapa de Europa; desenvolver un programa de formación de residentes na nosa especialidade; e potenciar a docencia e a investigación". E, a modo de balance, afirmou rotundo: "hoxe, 25 anos despois, podo dicir, con humildade, que todos se cumpriron".

dsc_8213

Despois de afirmar que "a formación en Sanidade é un alicerce clave para alcanzar a calidade e a excelencia", fixo unha defensa do "traballo en equipo e a crítica permanente", fundamentais, afirmou, "para o tratamento exitoso dos nosos pacientes". E detívose especialmente na relación médico-paciente, "imprescindible para comprender e curar a unha persoa enferma". Antes de finalizar, o doutor Juffé fixo referencia á necesidade de reter o talento.


En nome dos tres prologuistas do libro interveu o exconselleiro e exministro de Sanidade e actual presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que definiu o libro como "un inmenso acto de humildade".  O doutor Juffé, sinalou, "descóbrenos os fitos e balices da cirurxía cardíaca na Coruña coa mesma precisión que a súa lúa de mel ou a súa etapa formativa".

dsc_8113
"Os doutores Castro Beiras e Juffé Stein -afirmou o presidente do Consello de Estado- traballaron xuntos, sen celos nin recelos, e foron os líderes que converteron a área do Corazón do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña nun referente indiscutible".  E subliñou que, ao irse, "conseguiu un último éxito, o da súa sucesión. O Servizo de Cirurxía Cardíaca do Chuac, do que el era e é pai orgulloso, quedou nas mellores mans, nas do doutor José Cuenca".

O presidente da Xunta pechou o acto cunha sentida defensa do sistema sanitario público galego, do que dixo sentirse "absolutamente orgulloso" e fixo un chamamento a "protexelo das críticas políticas". Asegurou que "Galicia sería distinta sen a súa capacidade asistencial", e lembrou "o cambio histórico" que supuxo a creación do Servizo Galego de Saúde.

dsc_8225

"O 5 de abril de 1991, Antonio Pena converteuse no primeiro galego que puido gozar dunha segunda oportunidade cardíaca", incidiu Alberto Núñez Feijoo, que se referiu aos transplantes como "algo fascinante, con certo halo de milagre". Asegurou que "hoxe veñen profesionais de todo ou mundo a buscar aos nosos cardiólogos" e finalizou nomeando aos doutores Castro Beiras, Prada e ao propio Alberto Juffé, a quen definiu como "un arxentino elegante e capaz".

Previsión informativa 11-11-2016

Previsión informativa 14-11-2016