EspañolGalego

I Xornada "O movemento veciñal como instrumento de participación e dinamización social"

14 de decembro. Centro Cultural Ágora da Coruña

_dsc2447

A Federación de AA.VV. da Coruña e Área Metropolitana organizou, en colaboración co concello herculino, a xornada O movemento veciñal como instrumento de participación e dinamización social, que se celebrou o pasado 14 de decembro no Centro Cultural Ágora. Na xornada participaron o alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Innovación Democrática, Participación Cidadá e Descentralización de Distritos e Barrios, Claudia Delso.

_dsc2466

A sesión de apertura correu a cargo do alcalde coruñés e a presidenta da entidade convocante, Luisa Varela. Ó seu termo, Juan Manuel Loureiro, secretario da Confederación Galega de Asociacións de Veciños Rosalía de Castro (Cogave) e presidente da Federación Veciñal Castelao, de Pontevedra, pronunciou una conferencia titulada As Asociacións de Veciños como órgano de representación da cidadanía.

_dsc2570

Despois dunha pausa café, o xornalista Antón Luaces moderou a mesa redonda A participación das Asociacións de Veciños na organización da vida pública. Nela interviron Pedro Méndez, vicepresidente da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana e presidente da Asociación de Veciños de Riazor; Ricardo Vales, pioneiro do movemento cidadá na Coruña; e a concelleira Claudia Delso.

Consulte a previsión informativa do 10 de decembro

Consulte a previsión informativa do 13 de decembro