EspañolGalego

XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

29 de septiembre de 2017. Palexco. A Coruña

A XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información celebrarase o próximo 29 de setembro, por primeira vez na Coruña, concretamente en Palexco, e, tamén por primeira vez, a gala será diferente cun coidado e disruptivo espectáculo.

Todo comezará co habitual cóctel-networking, de 20,00 a 21,30 horas. A continuación, no salón Arao, principiará o espectáculo, en cuxo transcurso se entregarán os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da información 2017 aos profesionais e empresas máis destacados do sector.

A gala estará presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.  Ao seu termo, dará comezo unha cea á que está previsto que asistan uns 300 convidados.

Descargue aquí a previsión informativa

 

PRÓXIMOS EVENTOS