EspañolGalego

Xornada "A excelencia na contratación pública en Galicia"

17 de outubro de 2017. Hotel Monumento San Francisco. Santiago de Compostela

aproser_presi

"Integrar criterios socialmente responsables nos procesos de contratación é un reto esencial para quen comparto a necesidade de levar a cabo unha actividade empresarial eficiente e ao mesmo tempo responsable coa nosa contorna, cun modelo baseado no respecto básico dos dereitos dos traballadores e nunha competencia leal entre as empresas", afirmou Ángel Córdoba, presidente da Asociación Profesional de Compañías Privadas de Seguridade (Aproser) no transcurso da xornada A excelencia na contratación pública en Galicia, que se celebrou o 17 de outubro en Santiago, organizada por Aproser coa colaboración de Forética.

Córdoba aproveitou a ocasión para, desde o punto de vista da patronal, sinalar as "sombras" que se proxectan sobre o sector da seguridade privada: "as medidas que se adoptaron para frear a crise, coa prevalencia absoluta do cuantitativo sobre o cualitativo" e "unha reforma laboral indiscriminada que non tivo en conta as peculiaridades do sector servizos".

Por este motivo -engadiu o presidente de Aproser- é polo que, desde o Observatorio Sectorial da Seguridade Privada (no que se integran sindicatos e empresas) "estimamos que, coa actual lexislación, está a posibilitarse, posiblemente dunha forma non consciente, unha competencia desleal, que incide directamente na precariedade laboral e na proliferación de prácticas que nada teñen que ver con condutas empresariais socialmente responsables".

aproser_asistentes

O programa comezou coa presentación dun informe elaborado por Forética, coa colaboración de Aproser, titulado A responsabilidade social corporativa (RSC) na compra pública de servizos de seguridade. O documento analiza como a RSC representa unha ferramenta importante para asegurar un servizo de calidade neste tipo de compañías, ao poñer en valor os impactos positivos destas empresas no ámbito económico, a xestión de riscos asociados coa dimensión social e a prevención no relativo a potenciais impactos ambientais negativos (por exemplo, na prevención de accidentes con repercusión ambiental).

Á presentación do informe seguiu unha mesa redonda, moderada pola Secretaría do Observatorio Sectorial de Seguridade Privada, titulada Boas prácticas en contratación pública en Galicia, na que interviñeron como relatores Manuel Jove, xefe do Servizo de Contratación da Deputación de Lugo; Santiago López Guerra, secretario xeral da Zona Franca de Vigo; e Rodrigo Cerviño, vicexerente económico da Universidade de Vigo.

aproser_ponentes

A xornada foi clausurada polo responsable de Aproser en Galicia, José Santos, e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Xunta de Galicia, Natalia Prieto. Santos avogou por un novo modelo de contratación pública que sexa "responsable en beneficio de todos", e que "avance na necesaria innovación na prestación de servizos de seguridade privada". E sinalou "que a aposta pola calidade é factible" para engadir que se trata de "unha aposta non só recomendable, senón imprescindible para servizos que, non o esquezamos, contribúen de forma moi relevante á seguridade dos cidadáns galegos".

Consulte aquí a previsión informativa

Consulte aquí a crónica do evento

 

PRÓXIMOS EVENTOS