EspañolGalego

Presentación do libro "En la prórroga de la vida", de Manuel Murillo

Eventos

presentacion_libro_murillo

O 18 de decembro tivo lugar a presentación do libro En la prórroga de la vida, do letrado e político Manuel Murillo. O acto celebrouse na sede do Colexio Oficial de Avogados da Coruña, e a el asistiron 120 persoas. Ademais do autor, tamén interviñeron o decano do Colexio, Augusto Pérez-Cepeda, e os prologuistas da publicación: a maxistrada da Audiencia Nacional Clara Bayarri; o avogado, profesor da Sorbona e asesor de Salvador Allende, Joan Garcés; e o arquitecto Arturo Franco Taboada. Ao seu termo, Murillo asinou exemplares da súa obra e serviuse un cóctel.

Ao longo das 272 páxinas do libro, Manuel Murillo relata o drama sufrido pola súa familia durante a Guerra Civil, castigada por ambos os bandos. Os franquistas executaron a un dos seus tíos paternos e condenaron á morte ao seu pai, aínda que a pena se conmutó por 30 anos de prisión, mentres os republicanos queimaron vivos a tres dos seus tíos maternos nun vagón de tren. Doutra banda, o autor tamén repasa o seu paso pola política, a súa experiencia como secretario xeral do PSOE Histórico e a súa visión sobre a Transición, da que foi protagonista.

Ademais, como avogado con máis de medio século de experiencia, Murillo interveu nalgúns dos asuntos máis mediáticos da nosa historia recente, como os casos Falciani, Palazón, Sogecable, Banesto ou Fórum Filatélico, ademais dos xuízos do 11- M ou os GAL. Tamén traballou como letrado de famosos como Camilo Sesto ou Fernando Arbex, e de narcotraficantes como Sito Miñanco ou Laureano Oubiña.

Descargue aquí a previsión informativa do 15 de decembro

Descargue aquí a previsión informativa do 17 de decembro