EspañolGalego

Presentación do portal web da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana

_dsc0419a1

A Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana presentou o pasado 27 de decembro, o seu portal web (www.favacoruna.es), patrocinado polo Concello da Coruña. O acto tivo lugar na sala de televisión do Sporting Club Casino de La Coruña.

A renovación da páxina web da Federación ten como obxectivo dar a coñecer a todas as asociacións de veciños que a compoñen, favorecer a participación cidadá e facilitar os trámites administrativos.

Durante a presentación interviñeron a presidenta da entidade convocante, Luisa Varela, e un dos deseñadores do portal, Roberto Lage. Clausúraa correu a cargo da concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.

Descargue aquí a previsión informativa