EspañolGalego

XI Encontro Médico

9 de xuño de 2018. Facultade de Medicina da Unviersidade de Santiago de Compostela

O próximo 9 de xuño, ás 12,30 horas, o Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña celebrará a undécima edición da súa gran festa anual, o Encontro Médico. No seu transcurso, outorgarase a medalla de Ouro e Brillantes, o máximo galardón que concede a institución colexial, e tamén se fará entrega dos títulos de colexiados de honra e honoríficos aos médicos máis veteranos.

Previamente ao acto central, ás 11,00 horas, terá lugar unha misa polos colexiados falecidos na igrexa conventual de San Francisco.