EspañolGalego

Xornada "Últimas tendencias en seguridade"

O próximo 17 de xullo, ás 9,30 horas, celebrarase unha xornada sobre as últimas tendencias en seguridade, organizada pola Asociación de Empresas e Expertos de  Seguridade en Galicia (Aesga) coa colaboración da Academia  Galega de  Seguridade Pública (Agasp). O evento celebrarase no salón de actos do Sporting Club Casino de La Coruña, e nela intervirán representantes das entidades organizadoras, empresas do sector,  Concello da Coruña e Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

A xornada, á que está prevista a asistencia dun centenar de empresarios, profesionais do sector e representantes dos concellos das provincias da Coruña e Lugo, terminará ás 14,30 horas.

Modificado o (Luns, 25 Xuño 2018 08:25)

 

PRÓXIMOS EVENTOS