EspañolGalego

Festas de Reis do Colexio Médico da Coruña

_dsc0513

3 e 4 de xaneiro. Santiago e A Coruña

O Colexio Médico da Coruña organizou, os pasados 3 e 4 de xaneiro, as súas tradicionais festas de Reis, nas que os máis pequenos puideron saudar ás súas Maxestades de Oriente, e gozar dun completo programa de actividades. O día 3, Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela e, o día 4, a recepción real tivo lugar en Palexco. Na edición de 2019 participaron máis de 5.500 persoas en total, sumando os asistentes de ambas cidades.