EspañolGalego

VI Premios Cogave

premios_cogave

10 de novembro de 2018. Restaurante Árbore da  Veira. A Coruña

O pasado 10 de novembro celebrouse, no restaurante Árbore da  Veira da Coruña, a gala de entrega dos sextos premios da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (Cogave). O programa comezou ás 12,00 horas cun cóctel de benvida. Ao termo da velada, serviuse un ágape. Ao evento confirmaron a súa presenza 160 persoas, entre elas o alcalde herculino, a alcaldesa de Lugo, a secretaria xeral de Igualdade e a directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, a subdelegada do Goberno na Coruña e a presidenta da  Cogave.

Os premiados foron os seguintes:

A Coruña: Mar de Fábula e Asociación Española contra o Cancro.

Ferrol:  Azucena  Muíños e Fernando  Ocampo.

Lugo: Luís Abelleira e Susana López Abella.

Ourense: Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) e Manuel Carneiro.

Pontevedra: Asociación Cultural  Cedofeita.

Cangas do Morrazo: Rosendo Díaz-Peterson.

Galicia (Cogave): Stop Accidentes, Obra Social A Caixa e  Verísimo Pazos.

Descargue aquí a crónica do evento

Descargue aquí a previsión informativa