Xornada "Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Saúde e Seguridade"
26 de novembro de 2018. Colexio Liceo La Paz. A Coruña
O 26 de novembro tivo lugar, no CPR Plurilingüe Liceo A Paz, a xornada Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Saúde e Seguridade, dirixida aos alumnos do centro con idades comprendidas entre os 16 e os 20 anos. O evento contou co mecenado da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e a colaboración do propio centro educativo, a UDC e o Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña.