EspañolGalego

Xornada "Últimas tendencias en seguridade"

jornada_aesga

17 de xullo de 2018. Sporting Club Casino da Coruña

O pasado 17 de xullo tivo lugar, no salón de actos do Sporting Club Casino da Coruña, unha xornada sobre as últimas tendencias en seguridade, organizada pola Asociación de Empresas e Expertos de  Seguridade en Galicia (Aesga) coa colaboración da Academia  Galega de  Seguridade Pública (Agasp).

A sesión de apertura correu a cargo do presidente de  Aesga, Roberto Lage. Ademais, no acto tamén interviñeron o conselleiro delegado de  Lexcam, Rubén Salgado;  o director da área de Seguridade do Concello da Coruña, Carlos García  Touriñán, e Manuel  Yanguas  Menéndez, do Corpo Nacional de Policía, e Javier Sánchez  Alados, da Garda Civil.

Á xornada asistiron un centenar de empresarios, profesionais do sector e representantes dos concellos das provincias da Coruña e Lugo.

Descargue aquí a previsión informativa