EspañolGalego

Xornada "Por un medio ambiente sostible"

Centro Ágora. 17 de decembro de 2018

_dsc0015
A Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana organizou, o pasado 17 de decembro, a xornada Por un medio ambiente sostible, que se celebrou na sala 9 do Centro Cultural Ágora. Nela participaron a presidenta da federación veciñal, María Luisa Varela; María García, primeira tenente de alcalde e concelleira de Medio Ambiente e Mobilidade Sostible; Carlos Lamora, enxeñeiro de camiños, canles e portos e CEO da Edar de Bens; María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro, e Claudia Delso, concelleira de Participación e Innovación Democrática.